A CASA DOS MONICREQUES POR FIN VAI PARA ADIANTE!!!!!!

No Pleno do Concello de Santiago de Compostela do día 19 de xaneiro do 2017 aprobouse por unanimidade a moción do BNG e no Pleno da Deputación de A Coruña do día 24 de febreiro do 2017 aprobouse por unanimidade a moción do grupo municipal de Compostela Aberta cunha enmenda do BNG para asinar un convenio de colaboración con Os Monicreques de Kukas para para a cesión, musealización, exposición e difusión do noso patrimonio composto por deseños orixinais, textos, marionetas, máscaras, cabezudos, xigantes, instalacións coas escenografías e personaxes dos espectáculos, carteis, fotografías, gravacións sonoras, en vídeo, etcétera.