Espectáculos en cartel no ano 2015

Os Monicreques de Kukas no 2015 teñen a vosa disposición espectáculos teatrais, obradoiros e cadernos didácticos complementarios ás obras teatrais para traballar na escola ou en familia. Información máis detallada nos documentos pdf axuntos.
ESPECTÁCULOS
Xan Perillán e a maleta máxica
Público infantil (3-10/12 anos) e familiar.
Divertida comedia que mestura clown e pantomima con maxia e monicreques mentres o protagonista disponse a preparar a maleta para saír de viaxe.
Unidade didáctica e fichas traballo complementarias para traballar na escola ou en familia.
Prezo 680 € incluído o 21% do IVE
Xan Perillán compra queixo e compra pan
Público infantil (3-10/12 anos) e familiar.
Divertida comedia que mestura clown e pantomima con maxia e monicreques compaxinando o ocio coa educación no consumo responsable e hábitos de vida e alimentación saúdables.
protagonista disponse a preparar a maleta para saír de viaxe.
Caderno de traballo complementario para traballar na escola ou en familia.
Prezo 680 € incluído o 21% do IVE
Contos do vento acatarrado
Público infantil (3-10/12 anos) e familiar.
Obra que mestura actores e marionetas, e que dunha maneira sinxela e divertida achega ó espectador temas de interese social como o pacifismo, a ecoloxía e o respecto polo entorno natural, a solidariedade e o valor da amizade.
Caderno de traballo complementario para traballar na escola ou en familia.
Prezo 1.150 € incluído o 21% do IVE
A Frauta máxica no maxín
Tódolos públicos a partires de 6 anos.
Obra a modo de retablo na que as marionetas de fíos e a música tocada en directo serven para representar as escenas principais da ópera e na que un personaxe real que recorda a un Mozart actual ó mesmo tempo que é o narrador da historia representada cos monicreques, achega ao espectador ó proceso de creación musical, nese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música ... E todo elo en clave de humor, buscando a complicidade co público, preferentemente maiores de 6 anos. Unidade didáctica e fichas traballo complementarias para traballar na escola ou en familia.
Prezo 3.300 € incluído o 21% do IVE
OBRADOIROS
Complementarios as actuacións das obras de Xan Perillán e de Contos do Vento acatarrado podemos impartir obradoiros para tódolos asistentes á representación que queiran participar. Tamén se poden impartir separadamente. Cada neno recibirá unha bolsa co material necesario para realizar as actividades.
Obradoiro de maxia de reciclaxe, de papiroflexia de urxencia e de paxaros na testa.
Consultar condicións económicas.
EXPOSICIÓN 36 ANIVERSARIO Mostra de material gráfico, que inclúe deseños orixinais de escenografías, monicreques, figurinos, libretos, carteis, fotografías, vídeos...
Consultar condicións económicas.

AnexoTamaño
a_frauta_maxica_no_maxin.pdf1.44 MB
1_xan_perillan_e_a_maleta_maxica.pdf1.69 MB
xan_perillan_compra_queixo.pdf3.6 MB
4_contos_do_vento_acatarrado_2003.pdf588.22 KB
1taller_maxia.pdf309.25 KB
2taller_papiroflexia.pdf229.21 KB