RÉQUIEM POR UN MONICREQUE: SINOPSE

SINOPSE
Estamos ante un teatro á italiana coa súa decoración burguesa típica de finais do século XIX - principios do XX. Vai chegando o público que toma asento nos seus palcos, mentres os músicos afinan e os cantantes quentan as súas voces. Sona o último timbre e comeza a representación da ópera Romeo e Xulieta de Gounod, V acto da morte dos amantes de Verona. O remate, unha voz radiofónica informa da obra que se acaba de ver e escoitar e anuncia que a continuación se vai representar un crime que sucedeu na Scala de Milán no ano 1968 ó remate desta ópera.
A partir deste momento todo un xogo de intrigas, miserias humanas, xogo de vaidades e diferencia de clases aparecen ante o espectador gracias ao xogo escénico que amosa a dobre visión dunha mesma escena, dunha banda a visión dende o punto de vista do público e doutra, a visión do que realmente ocorre entre caixas, nese lugar, o escenario, reservado a artistas e tremoias, pero inaccesible para o público.