RÉQUIEM POR UN MONICREQUE. XII PREMIO BARRIGA VERDE ADULTOS

Segundo o xurado do XII Premio Barriga Verde: " Marcha fúnebre para un monicreque" é unha peza deliciosa que, partindo dunha anécdota histórica operística, indaga con ironía na relación entre o escénico e o extra escénico. Con vontade desmitificadora, a peza procura unha homenaxe aos oficios técnicos das artes escénicas, e observa o rol do espectador de xeito provocador e irreverente. Marcha fúnebre para un monicreque contempla un tratamento interesante dun dispositivo escénico móbil que marca o ritmo e a estrutura da obra, elaborando así un xogo que converte o propio teatro en obxecto de xeito que amplía así os elementos significativos dunha obra para monicreques na que a manipulación dos personaxes fai parte do seu carácter.