Se necesitas unha función para toda a familia, xigantes e cabezudos, unha escenografía ou atrezzo, carteis e programas, aprender a facer monicreques ou a pintar en diferentes técnicas...non busques máis. ¡Kukas Produccións Artísticas é a solución!

OFRECEMOS:

  • Obras de teatro con actores e marionetas dende 15' a 65'. Para tódolos públicos. A partir de 3/4 anos.
  • Cursiños e talleres dende 1 hora de duración ata 550 horas. Dirixidos a nenos ou adultos. De iniciación, de perfeccionamento ou monográficos. De cartón pedra, bonequería, marionetas, cabezudos, artes plásticas, fotografía...
  • Dirección e Producción de espectáculos teatrais.
  • Deseño e construcción artesán de xigantes e cabezudos, escenografías, stands feiras, decorados TV e cine, máscaras, atrezzos, marionetas, bonecos...
  • Deseño de carteis, programas publicitarios e imaxe corporativa.
  • Reportaxes fotográficos en color ou branco e negro e coloreadas a man.
  • Venta de obra pictórica orixinal de fondos propios ou por encarga en diferentes técnicas: óleo sobre lenzo, óleo sobre cartón, acrílico sobre lenzo, acrílico sobre cartón, acuarela e técnica mixta.
  • Esculturas por encarga en madeira e outros materiais
  • Exposicións de marionetas, pintura e fotografía.
  • Traballos varios: arranxos de carpintería, restauración de mobles...