Novas

Taller artesán de realización de escenografías, attrezzos, máscaras, cabezudos, marionetas e cartelismo

Deseñamos e construímos escenografías, atrezzos, máscaras, cabezudos, xigantes, marionetas e carteis e publicidade para todo tipo de eventos, mostras e exposicións, teatro, cine e televisión.

Camiñaron connosco

Grazas a todos colegas, compañeiros, amigos, institucións e público en xeral que dun ou doutro xeito tedes colaborado connosco nestes anos porque sen vos non tería sido posible a nosa andaina.

Kukas e Isabel

TITIRICUENCA homenaxeou a Kukas e Isabel Rey

Kukas e Isabel Rey forón homenaxeados xunto a Felipe Orduño de Euskadi no Encontro con Titiriteiros que se celebrarón os días 13 e 14 de xuño do 2009 dentro das actividades programadas no Festival de Títeres TITIRICUENCA,

Dende esta páxina queremos agradecer a Unima de Castilla la Mancha e o seu presidente Angel Suarez Herranz e a organización de TITIRICUENCA por este recoñecemento ó noso traballo ó longo de todos este anos.

Grazas.

30 Aniversario

Neste ano 2009 queremos compartir con todos os amigos, colegas e afeccionados ó teatro de monicreques o trinta aniversario da creación da nosa compañía.

Un 4 de marzo do ano 1979 5 amigos, Rosa e Isabel Rey, Jacobo Remuñan, Xosé M. Botana e Marcelino de Santiago "Kukas", presentan por primeira vez a obra Fabanola e o Televexo na Feira do queixo de Arzúa que supón o comezo do teatro de títeres contemporáneo en Galicia.

No FETEN dixeron de .....Sen Título 4x8x6

Marcelino de Santiago, más conocido como Kukas, es uno de estos personajes singulares de la rica Galicia y en concreto de Santiago de Compostela. Artista polifacético, pintor-escultor- fotografo - marionetista, introdujo todos estos elementos en un espectáculo, Sin titulo 4x8x6 (técnica mixta sobre escenario) sobre el proceso de creación interpretado por el mismo ayudado por tres actores-manipuladores. Os Monicreques de Kukas, alterna tópicos con ideas originales en un espectáculo indiscutiblemente vistoso y rico visualmente y divertido y didáctico.

Ferran Baile en cyberpadres.com (marzo 2008)

Quen somos / Quiénes somos

Curriculum vitae

A memoria na lembranza / La memoria en el recuerdo

No ano1979 Marcelino de Santiago (Kukas) e Isabel Rei Pousada crean en Santiago de Compostela a primeira compañía de teatro con marionetas de Galicia da época actual.

Nestas tres décadas a traxectoria de OS MONICREQUES DE KUKAS evolucionou dende as representacións na rúa e case que sen teatriño cos seus fantoches de luva ata amosar os seus espectáculos de grande formato e con marionetas de complicados mecanismos de creación propia en importantes escenarios coma o Auditorio de Galicia, Pazo de Congresos de Santiago ou o Teatro Arriaga de Bilbao, Jovellanos de Xixón, Pazo de Congresos de Pontevedra, García Barbón de Vigo ou Rosalía de Castro de A Coruña, entre outros; e os seus fundadores asistiron con orgullo o proceso de como o seu propio nome, monicreques, pasou de ser un sinónimo máis, e por certo non o máis utilizado a principios dos anos oitenta ata ser case que o único termo empregado hoxe en día en Galiza para definir ós fantoches, marionetas, monifates, marionetas, etcétera.

O seu traballo presenta varias etapas:

A Compañía / La Compañía


Kukas Produccións Artísticas S.L. é unha empresa adicada o deseño e realización de escenografías, atrezzos, figurinos, carteles e programas, máscaras, cabezudos e marionetas para teatro, cine e televisión. Baixo a marca Os Monicreques de Kukas produce e distribúe espectáculos de teatro con actores e monicreques.

Distribuir contido
LIRIOS